ALUMNADO CON PROBLEMAS DE CONDUTA. GUÍA DA XUNTA DE GALICIA

Enténdese que unha alumna ou un alumno presenta necesidades educativas especiais por un trastorno grave de conduta cando presenta alteracións mentais, emocionais ou do comportamento que, pola súa intensidade, frecuencia e duración, limitan o seu desenvolvemento educativo, a súa capacidade de axuste e adaptación, así como o xeito de enfrontar e resolver situacións cotiás.

Considéranse trastornos de conduta, entre outros, o trastorno por déficit de atención con hiperactividade, os comportamentos negativistas desafiantes, o trastorno disocial, a violencia entre iguais e os trastornos de ansiedade.

Os comportamentos, por problemas de conduta, afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e deterioran o desenvolvemento persoal e social. Para consideralos como tales, hai que avaliar a intensidade, duración, frecuencia e idade á que se presentan e o medio sociocultural.

Os problemas de conduta son  comportamentos que afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e desteriorar o desenvolvemento persoal e social.

Esta publicación, diríxese especialmente ás familias e ao profesorado ordinario, conscientes de que a educación para a convivencia e a tolerancia é un obxectivo fundamental da educación e que precisa de actitudes respectuosas e de consenso por parte de todos os sectores da comunidade educativa.

 

PROBLEMAS DE CONDUTA

ALUMNADO CON PROBLEMAS DE CONDUTA. GUÍA DA XUNTA DE GALICIA

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s