ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS PARA ESCOLARES DISLÉXICOS

 ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS PARA  ESCOLARES DISLÉXICOS

Na  aula:

1. Facer saber dislexia_2ao escolar que nos interesamos por el/ela e que desexamos axudarlle. El/ela séntese inseguro/a e preocupado/a polas reaccións do profesorado.


2. Establecer criterios para o seu traballo en termos concretos que el/ela poida entender. Avaliar os seus progresos en comparación con si mesmo/a, co seu nivel inicial, non co nivel dos/as demais.


3. Atención individualizada sempre que sexa posible. Que saiba que pode preguntar sobre o que non comprende.


4. Asegurarse de que entende as tarefas, pois a miúdo non as comprenderá. ¡O/a disléxico/a non é bobo/a! Pode comprender moi ben as instrucións verbais.


5. A información nova, debe ser repetida máis dunha vez, debido ao seu problema de distracción, memoria a curto prazo e ás veces escasa capacidade de atención.
6. Pode requirir máis práctica que un estudante normal para dominar unha nova técnica.


7. Necesitará axuda para relacionar os conceptos novos coa experiencia previa.


8. Dádelle tempo: para organizar os seus pensamentos, para terminar o seu traballo. Se non hai premura de tempo estará menos nervioso/a e en mellores condicións para mostrar os seus coñecementos. En especial para copiar da pizarra e tomar apuntes.


9. Pódeselle axudar léndolle o material de estudo e en especial os exames. Se le para obter información ou para practicar, ten que facelo en libros que estean ao nivel da súa aptitude lectora en cada momento. Ten unha dificultade tan real como un/unha neno/a cego/a, do que non se espera que obteña información dun texto escrito normal. Algúns escolares poden ler unha pasaxe correctamente en voz alta, e aínda así non comprender o significado do texto.


10. Evitar a corrección sistemática de todos os erros na súa escritura. Facerlle notar aquel sobre os que se está traballando en cada momento.


11. Ter en conta que lle levará máis tempo facer as tarefas que aos demais alumnos/as da clase. Cánsase máis que os demais. Procurarlle un traballo máis lixeiro e máis breve. Non aumentar a súa frustración e rexeitamento.


12. É fundamental facer observacións positivas sobre o seu traballo, sen deixar de sinalar aquilo no que necesita mellorar e está máis ao seu alcance. Hai que eloxialos/as e alentalos/as sempre que sexa posible.


13. É fundamental ser consciente da necesidade que ten de que se desenvolva a súa autoestima. Hai que darlles oportunidades de que fagan achegas á clase. Non facerlle ler en voz alta en público contra a súa vontade.


14. Permitirlle aprender do xeito que lle sexa posible, cos instrumentos alternativos á lectura e escritura que estean ao noso alcance: calculadoras, gravadoras, táboas de datos…

 

 

 

 

Tomado de ORIENTACIÓN ANDÚJAR e traducido á Lingua Galega por 

Luisa María Arias

PARA IMPRIMIR EN CASTELLANO

PARA IMPRIMIR EN GALEGO

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s